sexta-feira, setembro 15, 2006

Exposição com obras de Paco Pestaña

Exposição de 12 de Julho 10 de Setembro com obras de Paco Pestaña, Manuel Patinha, entre outros.
Local: Colexio de Fonseca e Igrexa da Universidade

Accións estratéxicas
Universidade de Santiago de Compostela

O Colexio de Fonseca e a Igrexa da Universidade mostrarán pezas dos fondos do Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo e do Encontro de Mariñán, obras dalgúns dos artistas galegos contemporáneos máis representativos.
O Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo e o Encontro de Mariñán son dúas iniciativas artísticas levadas a cabo pola Deputación da Coruña para apoiar a creación artística actual, cada unha delas ocupará unha das salas de exposicións da Universidade. No Colexio de Fonseca ubicaranse, agrupadas por temática e xénero, as obras de Tatiana Medal, Almudena Fernández, Menchu Lamas, Paco Pestana, Manuel Patinha, Vari Caramés ou Jorge Barbi; mentres que a Igrexa da Universidade acollerá o produto saído dos encontros de Mariñán, no que durante tres días, diversos artistas traballaron con diferentes técnicas e soportes, dando lugar a sorprendentes pezas artísticas.